Raimi, emocionado co novo Evil Dead

674

Mentres facía unha xira de promoción para o seu recente The Possession, o realizador Sam Raimi dixo que o vindeiro remake de The Evil Dead que dirixirá Fede Alvarez será tan horripilante (ou se cadra mais) có orixinal.

Raimi dixo: “É realmente sanguento. É moi sanguento, vai-te facer dar voltas a cabeza. Xa mirei case todas as tomas sen editar e están a face-lo moi ben. Vai ser arrepiante e intenso e un non parar. Definitivamente para maiores de 18. Se cadra pior“.

Raimi admite que “hai unha cheia de xeitos de millorar”  o filme orixinal e que o remake foi un desmadre para el – “Resultou ser unha tremenda cantidade de diversión porque é coma unha vella canzón que escribiches e trouxeches a un músico de hip jazz xoven, guai e realmente xenial, e está a improvisar con ela e amosándo-te lugares a onde podería chegar e cos que ti nunca soñaches. É moi emocionante para min“.

Finalmente, tamén engadiu que David Lindsay-Abaire ten previsto entregar-lle un novo guión para o remake de Poltergeist a primeiros de outubro.