A Disney quere relanzar ao Rocketeer

0
210

A Disney Pictures está desenvolver un relanzamento do filme de aventuras que dirixiu Joe Johnston en 1991 The Rocketeer.

O filme orixinal, ambientado nos anos 30, ía sobre un piloto de carreiras de avións (Billy Campbell) que descubre un prototipo de mochila foguete que agocharan uns ladróns dentro do seu avión. Timothy Dalton interpretou ao vilán, Alan Arkin ao seu mentor e Jennifer Connelly á rapaza.

No seu lanzamento pretendeu ser un dos filmes estrela do ano, pero fracasou nos despachos de billetes. Nombergantes, a adaptación ao cómic si que se fixo cunha boa base de afeccionados ao longo dos últimos vinte anos e comparte moitas semellanzas co superheroe Iron Man da Marvel.

O traballo de Johnston en Rocketeer tivo un grande impacto nos estudos á hora de contrata-lo para dirixir Captain America: The First Avenger e tamén no tón do mesmo filme, ambientado na mesma época mais ou menos.

A Disney estivo a manter xuntanzas con vários guionistas nos últimos días a fin de que lle fornecesen de ideias para relanzar a franquía, pero o mais interesante é que o novo xefe dos estudos, Alan Horn, está persoalmente interesado na nova versión e iso fai pensar que haberá novas axiña.