Kurse será o outro inimigo de Thor

0
201

Un dos protagonistas de Lost e G.I. Joe: Rise of the Cobra, o actor Adewale Akinnuoye-Agbaje, será quen lle dea vida ao supervilán secundário da vindeira secuela do deus Thor que dirixirá Alan Taylor, Thor: The Dark World, para a Marvel Studios e mais a Disney.

Christopher Eccleston protagonizará o filme coma o principal vilán, Malekith o Maldito, o líder dos Elfos Escuros de Svartalfheim.

Agbaje fará o papel de Algrim o Forte, o mais poderoso dos Elfos Escuros, que é obrigado por Malekith para que loite contra Thor. Malekith tentará mata-los aos dous e ainda que Thor fuxe, Algrim cae na lava e é deixado por morto.

Nombergantes, grazas a unha armadura enmeigada, Algrim sobrevive, ainda que fica amnésico. Coa armadura agora fusionada á pel, converterá-se nun poderoso ser chamado Kurse que é dúas veces mais forte ca Thor.

A rodaxe da secuela está a ter lugar en Londres.