Rogen será un superheroe

1230

Seth RogenO director e guionista de cómics Kevin Smith revelou que quere que Seth Rogen sexa o protagonista dun filme de superheroes que está a desenvolver, unha rareza de ciéncia-ficción chea de efectos especiais.

Primeiro, vou facer un xiro de 180 graos e facer un filme de terror chamado Red State“, dixo Smith no decurso dunha entrevista no Festival Internacional de Cinema de Toronto o pasado día 7. “Vai ser un filme totalmente de terror, político e psicolóxico sen partes divertidas. Logo farei o filme de ciéncia-ficción de superheroes. Vai ser un superheroe orixinal que eu creei. Estou a cociña-lo agora mesmo. Quero facelo, e coa axuda de Deus, vaino protagonizar Seth Rogen“.

Rogen é a estrela do vindeiro filme de Smith, Zack and Miri Make a Porno, na que un grupo de persoaxes deciden facer unha paródia porno da Guerra das Galáxias titulada Star Whores.

Smith dixo que ficou encantado coa reacción da audiéncia de Toronto ao seu filme e engadiu que pensaban estrea-lo tamén en Kansas City antes de tentar o lanzamento perante a audiéncia americana.

Smith (Clerks, Dogma) é tamén guionista de cómics e traballou para a Marvel e mais a DC. “Levo tres anos sen escribir un cómic, pero vou facer ún de Batman axiña“, engadiu.