O guionista gañador dun prémio Pulitzer Robert Schenkkan adaptará ao cinema a novela The Demonologist de Andrew Pyper para a Universal Pictures, segundo confirmaron os estudos.
Robert Zemeckis, Jack Rapke e mais Steve Starkey producirán este filme para a ImageMovers. A vicepresidenta de Produción da Universal, Maradith Frenkel, supervisará o proxecto.
A novela, que ainda non apareceu nos andeis das librarías pero que será publicada pola Simon & Schuster en marzo do ano que ven, vai sobre un profesor de literatura demoníaca da Universidade de Columbia. Cando a súa filla fique baixo un meigallo descoñecido, deberá vencer o seu escepticismo polo oculto e usar os seus coñecementos sobre os símbolos e os sinais agochos no Paradiso Perdido de Milton para poder rescatar á súa filla.
Schenkkan gañou o Pulitzer ao millor drama en 1992 pola súa obra de teatro The Kentucky Cycle.
Entre as novelas anteriores de Pyper están Lost Girls e The Guardians.