A filla de Angelina Jolie debutará con catro anos

0
183

Vivienne Jolie-Pitt, a filla de catro anos de Angelina Jolie e Brad Pitt, ven de acadar un papeliño na vindeira película de conto de fadas que protagonizará a súa nai, Maleficent.

A Disney confirmou oficialmente as novas e anunciou que Viv interpretará a versión infantil do persoaxe de Elle Fanning, a Princesa Aurora. A fita, unha nova adaptación en 3D do clásico A Bela Durminte de 1959, explora as orixes dunha das mais famosas viláns dos contos da Disney, Maleficent (ou Maléfica na súa versión en galego).

Jolie interpreta á malvada bruxa que lle lanza un feitizo a Aurora, así que as probabilidades de que nai e filla aparezan xuntas na pantalla é abondo alta, e mesmo dá-se por certo mentres o filme continúa a se rodar arestora en Inglaterra.

Algunhas fontes afirman que mesmo poderían aparecer os outros fillos do famoso matrimónio, incluíndo ao irmán xemelgo de Viv, Knox. De feito, un deles, Shiloh, xa compartiu pantalla con seu pai en The Curious Case of Benjamin Button.

Maleficent chegará ás salas de cinema o 14 de marzo de 2014.