Adam Berg no remake de Videodrome

0
228

O aclamado director de anúncios Adam Berg está a manter conversas para facer o seu debut coma director de cinema na Universal Pictures grazas ao remake do filme de David Cronenberg Videodrome, que en 1983 uniu a sátira dos médios de comunicación co terror nunha longametraxe clásica que podería ser se cadra demasiado para Berg.

James Woods protagonizou o filme orixinal sobre un programador de televisión por cable que tenta facer que a súa canle de televisión sobresaia do resto grazas ao programa Videodrome, unha série real na que hai tortura e asasinatos e que transforma aos espectadores que a miran.

Axiña decatará-se de que hai unha conspiración política vencellada a un sinal de radiofidusión malicioso dentro do seu programa que ocasiona alucinacións e tumores cerebrais aos espectadores, todo co obxectivo de “purgar” ideolóxicamente aos Estados Unidos.

A película hai uns días acadou o galardón de entrar na lista dos millores 250 filmes de todos os tempos da revista Sight and Sound e é famosa pola súa frase “Long Live the New Flesh” (Viva a carne fresca).

Ehren Kruger está a escribir o guión do remake e será o produtor xunto a Daniel Bobker.