Michael Caine revela datos sobre Batman

745

Michael CaineUn dos meirandes e máis quentes debates entre os fans é que actores e que persoaxes aparecerán no vindeiro filme de Batman, e que superfalcatruán escollerá o director Christopher Nolan para esta terceira entrega da saga do Señor da Noite. Os rumores abondan pero Nolan ven ficando en silenzo polo de agora.

Nunha recente entrevista concedida antes do escomezo do Festival de Cinema de Toronto, o actor Michael Caine seica confirmou algúns dos rumores que corren pola Rede ao respecto de dous persoaxes que terán cabida no guión: o Riddler e mais o Pingüín. “Xa os teñen en mente“, dixo Caine, cando lle preguntaron a quen lle gustaría ver loitar contra o cruzado con capa. “É Johnny Depp coma o Riddler. E o Pengüín é Philip Seymour Hoffman. Linno nos xornais“.

Isto seica é coma se Caine se limitara a reproducir os rumores que aparecen na prensa, pero segundo o actor, o que el fixo é confirmar as novas que lle chegaron dos mesmos estudos.

Caine, que interpreta ao leal mordomo de Bruce Wayne, Alfred Pennyworth, dixo: “[eu lle preguntei a Nolan] De que vai a história? E el dixo que sobre o Joker. Eu dixen ou, merda! Como vas facer para superar a Jack [Nicholson]? E el contestou: contratei a Heath Ledger. E eu dixen: Ha! Eu non podería superar a Jack, pero se alguén puidera, se cadra sería Heath“.

Logo estiven cun executivo [da Warner Bros.] e dixen: imos facer outra? Eles dixeron que si. Eu dixen: E como diaños imos superar a Heath? E el contestou Direi-te coo imos superar a Heath — con Johnny Depp coma o Riddler e Philip Seymour Hoffman coma o Pengüín“.

Esta é a primeira vez que os rumores sobre Depp e Hoffman chegan dende unha fonte no interior dos estudos, ainda que Caine non citou ningún nome concreto.