Novos guionistas para a saga Uncharted

0
227

Os guionistas da franquía de National Treasure, Marianne e Cormac Wibberley, foron contratados para reescribir o guión da adaptación á pantalla grande da série de videoxogos Uncharted: Drake’s Fortune que a Sony Pictures, a Atlas Entertainment e mais a Arad Productions están a preparar cun orzamento moi elevado.

Baseada no primeiro xogo da aclamada saga de videoxogos para Playstation da compañía Naughty Dog, a história vai sobre a viaxe de Nathan Drake, un suposto descendante do pirata Francis Drake, na súa procura polo tesouro de Eldorado coa axuda da xornalista Elena Fisher e do seu mentor Victor “Sully” Sullivan.

Nun primeiro intre falára-se de nomes coma os de David O. Russell e Neil Burger (Limitless) para o posto de director, pero polo de agora non hai ninguén confirmado e eses dous nomes xa non están nas quinielas. Os estudos queren agardar a que os Wibberley completen o seu guión antes de llo ofrecer a un novo director.