Wes Ball dirixirá Maze Runner

0
178

Wes Ball será o director da adaptación ao cinema da novela distópica para adolescentes de James Dashner The Maze Runner para a 20th Century Fox e a Gotham Group.

Na novela, un rapaz chamado Thomas esperta sen memória e abandoado xunto a unha comunidade doutros rapaces atrapados dentro dun enorme labirinto. Alí decáta-se de que todos forman parte dunha grande proba e descubre que o seu destino é unir-se aos maze runners (os corredores do labirinto) e lidera-los cara á liberdade.

Noah Oppenheim escribiu o primeiro esbozo do guión hai xa un tempo. Hai uns días a Fox fíxo-se cos dereitos da curtametraxe de Ball Ruin e antes de que esa curta se converta en longametraxe, queren dar-lle unha oportunidade con Maze Runner.