Os Wachowski soan para a Justice League

789

A Warner Bros continúa a reducir a súa lista de candidatos a director para Justice League, o longamente agardado filme sobre a Liga da Xustiza que axuntaría na pantalla aos millores superheroes da DC Comics (incluindo agora aos novos amantes Superman e Wonder Woman).

O nome de Ben Affleck estivo na lista pero el mesmo encargou-se de desmentir que quixera participar, se ben non-o fixo cun tón que convenza a todo o mundo. Pero a novidade é que segundo informa Clint Morris en MovieHole.com, os irmáns Lana e Andy Wachowski son os que agora mesmo soan coma millor colocados.

Polo de agora a parella responsábel da saga de Matrix está aínda moi ocupada rematando a rodaxe de Cloud Atlas, un filme que seica está a entusiasmar aos poucos que puideron ver algunhas escenas, e entre eles, aos directiivos da Warner. Justice League precisa ser tan grande no carácter coma en todos os luxos posíbeis e os Wachowski poderían ofrecer iso.

É difícil anticipar se Lana e Andy aceptarían este traballo, xa que están acostumados a rodar baixo os seus própios ritmos e iso podería atrasar moito un lanzamento baseado nun calendário que tentará facer-lle frente ao irresistíbel púlo da Marvel.

O dúo de directores xa deu-lle polo de agora á Warner unha das súas triloxías mais exitosas de todos os tempos, Matrix, e ademais foron os guionistas doutro filme baseado en persoaxes da DC: V for Vendetta. Nos últimos tempos estiveron a considerar un filme baseado en Plastic Man e o seu nome tamén soou para o relanzamento de Superman antes de que a Warner se decidira finalmente por Zack Snyder.

Polo de agora, o guión de Justice League está a ser escrito por Will Beall (Logan’s Run, Gangster Squad).