Mais Star Wars en 3D para o ano

719

A Lucasfilm ven de anunciar xa oficialmente que Star Wars: Episode II Attack of the Clones e mais Star Wars: Episode III Revenge of the Sith disporán de senllas re-estreas no cinema en formato 3D para o ano que ven. Concretamente, O ataque dos clons reestreará-se o 20 de setrembro de 2013 e A Vinganza do Sith o 11 de outubro do mesmo ano.

Esta parella de filmes seguirá deste xeito os pasos de Star Wars: Episode I The Phantom Menace que en febreiro deste mesmo ano reestreou-se en 3D acadando unha mais ca aceptábel recadación nos despachos de billetes, 102 millóns de dólares para a Lucasfilm, que á penas tivo que facer gastos.

Os relanzamentos en 3D dos clásicos modernos están a se facer mais e mais populares. De feito, O ataque dos clons deberá competir contra outro filme en 3D en setembro, a reestrea da Disney The Little Mermaid (A Sereíña), que aparecerá nas carteleiras tan só unha semana antes.