Jason Momoa, o protagonista de Conan the Barbarian e actor de Game of Thrones (onde fixo o papel de Khal Drogo), será o principal vilán de Wolves, o vindeiro filme do director e guionista David Hayter na Copperhead Entertainment.
O argumento vai sobre un rapaz (Lucas Till) que se transforma nun lobishome e descubre que alguén matou mentres tanto ao seu pai, un crime do que el será acusado e polo que deberá fuxir da súa aldea. Finalmente chega a outra vila chamada Lupine Ridge que ten unha história de acontecementos sobrenaturáis ás súas costas.
Momoa fará o papel do malvado patriarca dos lobishomes da vila. O filme está producido por Steve Hoban e a rodaxe escomeza o mes que ven en Toronto (Canadá).