A Hora 13ª

311

Richard DoetschA New Line Cinema ven de se facer cos dereitos sobre The Thirteenth Hour, unha novela sobre viaxes no tempo escrita por Richard Doetsch.

Michael De Luca producirá o filme, no que será ún dos seus primeiros proxectos na New Line dende que deixou o seu posto de presidente de produción hai oito anos.

Doetsch é o autor de The Thieves of Heaven, unha novela que está a ser convertida en longametraxe pola Fox 2000. Os dereitos sobre a súa nova obra serán poxados en breve pola axente literária Cynthia Manson.

Descrita coma un cruce entre A Identidade Bourne e A Muller do Viaxeiro no Tempo, The Thirteenth Hour vai sobre un home acusado de asasinar brutalmente á súa muller e a quen lle conceden unha segunda oportunidade para salva-la volvendo atrás no tempo unha hora.