Os guionistas de Star Trek e Transformers, a parella formada por Alex Kurtzman e mais Roberto Orci, serán os produtores da adaptación ao cinema de Dragonology para a Universal Pictures.
Dragonology é unha série de libros e xogos publicados por primeira vez en 2006. A história está baseada no concepto de que os dragóns existen realmente e de que un investigador da Inglaterra vitorián chamado Ernest Drake foi o seu descubridor e é o suposto autor dos libros. A versión para o cinema xirará ao redor dunha equipa de dragonólogos modernos que se embarcan nunha aventura para evitar un complot que pretende usar aos derradeiros dragóns no mundo para destruír á humanidade.
Leonard Hartman ía ser nun primeiro intre o autor do guión cando a Universal se fixera cos dereitos para o cinema en 2008, pero agora que Kurtzman e Orci supervisarán o proxecto o mais seguro é que contraten a un novo guionista para que se encargue do argumento.