O remake de Robocop é o inferno

0
190

A rodaxe nin tan sequera escomezou aínda, pero o remake de Robocop que produce a MGM baixo as ordes do director brasileiro Jose Padilha (Tropa de Elite) está xa a pasar polas súas primeiras dificultades.

Neste caso a nova non foi publicada polo mesmo director nin é unha fonte interna anónima, senón un amigo persoal de Padilha, o tamén director brasileiro Fernando Meirelles (Cidade de Deus). Meirelles fixo os comentários nunha recente entrevista concedida á revista Cinema com Rapadura na que falou de como lle vai ao seu amigo nestes intres:

Eu conversei com José Padilha há uma semana por telefone. Ele vai começar a filmar Robocop. Ele está dizendo que é a pior experiência dele. De cada 10 idéias que ele tem, 9 são cortadas. Qualquer coisa que ele quer, ele tem que brigar. ‘Isso aqui é um inferno’, disse ele pra mim. ‘O filme vai ficar bom, mas eu nunca sofri tanto e não quero fazer isso de novo’. Ele está amargurado, mas é um brigador“, dixo Meirelles á revista.

Robocop conta cun elenco de actores de primeira liña coma protagonistas: Joel Kinnaman, Gary Oldman, Samuel L. Jackson, Abbie Cornish, Michael Kenneth Williams e Hugh Laurie (este último aínda sen confirmar).

O proxecto é a primeira longametraxe de Padilha en Hollywood e unha das películas mais valiosas do catálogo da Metro, que non quere que o filme se descontrole nas mans do recén chegado e sexa demasiado persoal. O certo é que Padilha non está acostumado a que o cinema sexa un espectáculo e mais un negócio, senón que para el é mais un arte e un médio de denúncia social, polo que non é de estrañar que estea a pasar por graves problemas de diferéncias creativas.