Raimi evita a cuarta parte de Evil Dead

1112

Sam Raimi ven de obter unha vitória nos xulgados no seu intento de deter a outra compañía para que produza unha secuela non autorizada da súa clásica triloxía de terror The Evil Dead.

En maio a Renaissance Pictures, unha empresa creada en 1979 por Raimi, o produtor Robert Tapert e mais o actor e produtor Bruce Campbell co obxectivo de facer o primeiro filme da triloxía, demandou á Award Pictures, que estaba no médio da rodaxe de Evil Dead 4: Consequences. A película ía interferir supostamente cos plans de Raimi de facer a súa própia secuela para a Sony Pictures e mais a FilmDistrict.

Após da presentación da demanda, nin a Award Pictures nin o seu presidente Glenn MacCrae compareceron no xulgado para responder á mesma.

MacCrae dixo á prensa que tiña intención de comparecer, pero dado que non-o fixo até agora, un xulgado federal de Califórnia decediu a semana pasada xulgar o caso de todos os xeitos, decedindo que a Award Pictures non ten dereito a usar a marca rexistrada “Evil Dead” ou os materiais de marketing que poden levar a confusión ao público ao coidar que a Award ten dereito ao título.

A cuestión é que a batalla polos dereitos de The Evil Dead xurdiu en parte por mor da ambivaléncia de Raimi até o derradeiro intre.

Mentres preparaba Evil Dead 4: Consequences, a Award Pictures dirixiu-se á oficina de marcas rexistradas e proclamou que dado que o primeiro filme de Raimi é de 1981, a súa compañía perdeu o control sobre a marca, permitindo quesexa usada como título por outros filmes. Ademais, a Award relembrou que Raimi en 2000 escribiu un libro no que dixo que nunca volvería facer unha secuela de The Evil Dead, o que sinifica que a marca rexistrada estaba abandoada.

Pero estes argumentos non convenceron ao xuíz, que de todas maneiras non tivo moito que pensar porque por mor doutras circunstáncias, a Award nin sequera se presentou ao xuízo ao carecer dun avogado. Agora MacCrae di que contratou a outro avogado e que a súa compañía “vai contestar definitivamente a demanda da Renaissance“, pero probabelmente xa sexa demasiado tarde.

A batalla podería continuar, pero Raimi ten xa unha clara aventaxe e gañou o caso nos xulgados. Mentres tanto, a produción do remake de The Evil Dead continuará sen el coma director pero si coma produtor.