Krynea Imperial Wars e un xogo online en tempo real de estratexia social e militar ambientado nun mundo de fantasía épica e maxia. Os seus creadores, naturales de A Illa de Arousa, defíneno como “o proxecto de unha vida”.
E de eso parece que se trata, pois toda a ambientación do xogo deriva dun xogo de rol co mesmo nome que pronto verá a luz e que foi creado por eles ao longo de 20 anos xogando a rol no seu propio mundo, cas súas propias regras. O xogo online leva xa 3 anos de traballo detrás para poder ofrecernos o que pode ser un dos mellores xogos de estratexia online que actualmente hai no mercado.
Cun mapa definido de máis de 180 millóns de km2, Krynea está cheo de aventuras, misións, campeóns aventureiros, maxia, alianzas, exércitos, e toda unha comunidade online de xogadores que está desexando pasalo ben dando corda solta a súa imaxinación.
No xogo impera a estratexia de alianzas, e de feito, ao final dunha partida é unha alianza a que se alza como victoriosa. Control xeográfico, pontes, portos, asentamentos militares, control de zonas e lugares de poder, estratexias basadas no militar ou no máxico… son tantas as posibilidades de xogo, que pode ser un pasatempo no que podes entreterte cada día descrubiendo novas posibilidades de interactuando cos demáis xogadores e xogadoras.
Como anécdota cabe destacar que cada vez son máis as quedadas de alianza para facer grandes ceas de amigos, reunións de “cañas” e incluso máis que amizades que van surxindo no xogo e chegan a vida real. Xa son varios os compañeiros de piso que se coñeceron no xogo, varias as parellas que comezaron atacándose e remataron en boda e sin dúbida centos ou miles os que fixeron moi bos amigos nesta gran comunidade online.
Non deixes de pasar esta oportunidade de disfrutar un videoxogo online de enorme calidade 100% made in Galicia. http://www.krynea.com