Tres novas fichaxes para Expediente X

0
200

O rapeiro XzibitBilly Connolly, Amanda Peet e mais o rapeiro Xzibit son as novas faces que aparecerán na vindeira película de Chris Carter, a secuela de Expediente X.

Seica Xzibit e Peet serán axentes do FBI compañeiros de Mulder (David Duchovny) e Scully (Gillian Anderson) neste thriller sobrenatural baseado na famosa série televisiva da canle Fox. Pola súa banda, a Fox, seguindo unha política de secretismo ao redor deste filme, non quixo confirmar ningún detalle ao respeito dos papeis que interpretarán estes tres actores.

O filme, que conta cun guión de Carter e Frank Spotnitz, será unha história autoconclusiva e sen relación coa série nin co filme anterior, que é do ano 1998. Está prevista a súa estrea nos cinemas para o vindeiro mes de xullo.