Julie Andrews na Fada dos Dentes

0
190

Julie AndrewsJulie Andrews uniráse a un reparto no que xa figuran Dwayne Johnson e Ashley Judd na comédia fantástica para todos os públicos da Fox Tooth Fairy.

Nese reparto estarán ademáis Stephen Merchant, o co-creador da série The Office, e mais o patinador profesional Ryan Sheckler.

O filme céntra-se en Derek Thompson (Johnson), xogador dunha liga menor de hockey cuxo alcume é Tooth Fairy (a Fada dos Dentes) por mor da súa habilidade de romper os dentes dos seus rivais na pista. Judd interpreta á súa moza.

Após de desmoralizar a un xogador máis novo, Derek recibe o meigallo de ter que traballar unha semana coma unha auténtica fada dos dentes (a figura que fóra de España é semellante ao noso ratiño Pérez), completa coas alas, a variña máxica e mesmo o tutú de seda. No decurso desta experiencia, redescubrirá os seus soños perdidos.

Andrews interpretará a Lily, unha fada de nivel superior que supervisa o departamento de fadas dos dentes e deberá supervisar o traballo de Derek.

Merchant fai de Tracy, unha fada dos dentes que ainda non gañou as súas alas pero que é asignada ao caso deDerek e que deberá colaborar con el e adestra-lo.

Sheckler interpreta ao arrogante xogador de hockey Mick Donnelly, que debe facer unha parada nas ligas menores mentres non acada unha praza na NHL e trata a Derek coma un fracasado.

A rodaxe escomezará en outubro en Vancouver, Canadá, con Michael Lembeck dirixindo un guión de Lowell Ganz, Babaloo Mandel, Joshua Sternin e Jeffrey Ventimilia.