Como atrapar a un monstro

851

O protagonista de Drive, Ryan Gosling, a súa coprotagonista Christina Hendricks e mais o produtor Marc Platt poderían reunir-se unha vez mais en How To Catch a Monster, pero esta vez con Gosling coma guionista e director.

Descrita coma “un conto de fadas moderno” con suspense e elementos de fantasía sinistros, a história está ambientada nunha cidade que desaparece onde unha nai solteira con dous fillos (Hendricks) é “arroxada a un submundo fantástico macabro e sinistro mentres que o seu fillo adolescente descubre unha estrada secreta que leva a unha vila baixo o auga“. A parella deberá resolver o mistério se queren sobrevivir.

Agárda-se que o proxecto sexa vendido no decurso do vindeiro Festival Internacional de Cinema de Toronto coa ideia de poder escomezar a produción en primavera.