Michael Keaton úne-se a Robocop

1039

Michael Keaton será definitivamente quen interprete o papel de Raymond Sellars no vindeiro remake de RoboCop que preparan a MGM e mais a Columbia Pictures baixo a dirección de José Padilha.

Sellars é o CEO da corporación que fabrica a RoboCop, un papel que até de agora semellaba destinado a Hugh Laurie (House) pero que finalmente rexeitou antes de chegar a un acordo. O filme, unha nova versión do clásico de culto filmado en 1987 polo holandés Paul Verhoeven, ten previsto escomezar a se rodar o mes que ven cunha data de estrea xa fixada para o 9 de agosto de 2013.

O nome de Keaton úne-se asemade aos outros xa anteriormente anunciados: Joel Kinnaman, Gary Oldman, Samuel L. Jackson e Abbie Cornish.

Segundo Padilha, “Michael é o engadido final ao abraiante reparto que xuntamos para este filme e é xenial ter a derradeira peza do crebacabezas no seu sítio. É emocionante que todo o mundo se axuntara para levar á vida esta nova versión de RoboCop. Temos u ngran guión, un gran reparto, algúns asasinos ED-209 e non podo agardar a ver a Alex Murphy back de novo nas rúas“.