Remake de REC "Made in USA"

0
190

Unha escena de QuarantineO remake da longametraxe española [REC] xa ten data de estrea no noso país: titulará-se Cuarentena – en inglés, Quarantine -, e estreará-se en España o vindeiro 7 de novembro. Dirigida por John Erick Dowdle e Drew Dowdle, é o remake americano de [REC], o filme de Paco Plaza e Joan Balagueró que obtivo excelentes resultados nos despachos de billetes españois e internacionais.

Recentemente, a Filmax anunciara que o filme é a fita española que máis cartos recadara en Hong Kong, e agora a empresa difunde que [REC], estreada en México o pasado 29 de agosto, situou-se cuarta no ránking de despacho de billetes na carteleira mexicana, con máis dun millón de euros e máis de 400.000 espectadores en dez días.

A longametraxe estreou-se a pasada fin de semana en Arxentina e axiña chegará ás pantallas de Ecuador, Bolivia e Perú. A fita tamén opta ao Premio do Público que outorga a Académia de Cinema Europeo: dende o 1 de setembro e até o vindeiro 1 de outubro será o público quen decida cal foi a Millor Película do Ano.

[REC] foi protagonizada por Manuela Velasco, que gañou o prémio Goya á millor actriz revelación. A actriz Jennifer Carpenter é a súa sustituta no papel de Angela Vidal na nova versión.