Avi Arad producirá Metal Gear Solid

0
203

O produtor Avi Arad ven de chegar a bordo do proxecto conxunto da Kojima Productions e da Sony Pictures que está a tentar adaptar ao cinema a clásica franquía de videoxogos Metal Gear Solid.

Metaru Gia Soriddo, ou Metal Gear Solid no mercado internacional, é unha saga de videoxogos creada por Hideo Kojima e desenvolvida e publicada pola compañía Konami, na que un soldado, Solid Snake, experto en tácticas de combate, supervivéncia e sixilo, é o protagonista. A saga escomezou en 1998 e vai sobre o intento de se apoderar dunha base militar secreta que está en poder de terroristas perfeccionados xenéticamente que manteñen a dous reféns e posúen un arma nuclear de última xeración.

A Sony leva tentando desenvolver a adaptación ao cinema deste xogo dende 2006, pero agora coa participación do fundador da Marvel Studios e produtor da franquía de Spiderman o proxecto podería obtér un novo pulo.

Loitei durante moitos anos por levar os cómics ás salas de cinema – e os videoxogos son os cómics de hoxe en día. Tomarémo-nos os noso tempo e contaremos a história con todos os matices, a ideoloxía e as precaucións necesárias“, dixo Arad durante a presentación onte do 25 aniversário de Metal Gear, o xogo orixinal no que se baseou a série.