Quen xogase algunha partida de rol a mundos de fantasía, saberá a cantidade de viaxes que se dan os intrépidos aventureiros percorrendo mundos cheos de perigos. Todo aventureiro ten necesidades que hai que cubrir, e a comida e unha delas.
Habitualmente non se ten en conta a auga porque se presupón que se van surtindo en manantiais e fontes durante o camiño, salvo que se trate dunha viaxe polo deserto, na que o director de xogo e posible que lle apeteza controlar o consumo de auga para dar un pouco de dramatismo ao viaxe.
Pero… ¿E a comida? ¿Qué comen os aventureiros? Dentro de todo bo K.E.A. (Kit Estándar de Aventureiro) han de estar as míticas e famosas “racións secas de viaxe” para unha semana. ¿Que son estas racións secas? Este e un gran misterio culinario que vos vamos a descubrir:
21 racións de pan de viaxe: Ten o tamaño da palma dunha man. E o principal aporte do viaxeiro para saciar a fame. Este pan caracterízase por ser pouco voluminoso, moi concentrado e manterse (para ben ou para mal) igual de duro dende o primeiro ao último día.
1 queixo curado: Que pode ser de cabra, vaca, ovella, búfala, camella ou calquer outro gando que poida dar leite nesa zona. Cada rexión ten a súa especialización e hay tantos queixos distintos como artesáns queixeiros. O queixo ha de proporcionar 8 boas racións.
7 racións pequenas de peixe seco: Pode incluir peixe curado, afumado, salgado… troitas, salmóns, esturións, sardiñas, bacallao, polbos e outros cefalópodos, etc.
7 racións pequenas de carne seca: Igual que o peixe, esta pode ser curada, afumada, salgada, etc. O tipo de carne varía segundo os gustos do viaxeiro. Chourizos e salchichóns, cecinas, xamón…
1 ou 2 racións de legumes secas: (fabas, frixoles, fabiñas, chícharos, lentellas, etc.) Non é habitual ter tempo para cociñar, nin ónde facelo, pero un cacharro, un pouco de auga e algo de carne seca para botarche as legumes tenche todo viaxeiro para poder comer quente nalgún momento máis relaxado do camiño.
Froitos secos: Pelados e sen cáscara, nunha bolsiña. Ocupan pouco, pesan pouco e teñen un gran valor nutritivo e enerxético, sobre todo para picar entre horas, cando o camiñar abre un pouco o apetito.
1 bota (odre) de viño: Beber alcohol non e bo para viaxar de día, pero nalgunhas noites frías axuda a durmir. Unha bota de viño pode levar ao redor dun litro ou litro e medio, que sempre será agradecido en horas máis relaxadas.
1 bolsiña con sal especiado: As racións secas non necesitan sal nin condimentos, pero non todo no camiño e tirar destas caras racións. Sempre que sexa posible, se teña tempo e posibilidade hai que usar arco e frechas para facerse con comida fresca. En estas ocasións ter un pouco de salpimentada ou especias axuda a mellorar o sabor forte da carne de caza.
Aqueles aventureiros máis sabios acostuman botar man de raíces, prantas e froitos silvestres, pero con coidado, porque distintas especies poden variar pouco en apariencia, pero moito en toxicidade. Os máis pillastres tamén botan man de algo de comida nas hortas e campos de cultivo que se topan de camiño.
En xeral a vida do aventureiro non é sinxela, e cando unha misión sae mal, as caras racións de viaxe poden facer que o balance non sexa positivo, pero dende logo e moito máis emocionante que estar traballando de sol a sol, polo que a pesar de todo, moitos aventureiros seguirán facendo camiño, arriscando a súa vida.
Como curiosidade, queremos deixarvos aquí unha receita que topamos de pan de viaxe. Non a probamos, así que se alguén o fai que nos conte a experiencia :-)
Pan de viaxe:
- 5 ovos
- un bo chorriño de mel
- 1 pel de laranxa rallada
- 200 gr de améndoas torradas picadas
- 500 gr de fariña de kamut, espelta ou trigo integral
- sal
- un pouco de canela en po
- manteiga
O primeiro que destaca deste pan é que non leva lavadura, co que vos podedes imaxinar que se trata de que ocupe o mínimo posible, sacrificando textura esponxosa.
Báten-se os ovos. Engáde-se o mel, a pel de laranxa rallada, as améndoas picadas e a sal. Mistúra-se todo ben hasta que quede homoxéneo. Engáde-se a fariña e amása-se. Póde-se corrixir con auga e fariña até conseguir a masa axeitada. Tentade usar a mínima cantidade de auga posible para que o pan dure máis tempo. Non fai falla deixa-lo repousar, posto que non ten que levar.
Cúrta-se a masa en 21 racións e engáde-se-lles a canela por riba. Fan-se bolechas estreitas e planas con cada unha das racións. Nunha prancha ou pedra quente de cociñar, fróta-se o fondo con manteiga e póñen-se as racións a facer-se ben por ambos lados. O centro ten que quedar cociñado.
Como podedes ver este pan non e enfornado, de esta forma evíta-se que perda moita humidade e se mantén comestible máis tempo. Para conserva-lo mellor débe-se envolver en racións individuáis. Os viaxeiros de fantasía usan follas de árbore grandes ou follas de verduras. Hoxe en día o papel de aluminio ou o filme de plástico axuda moito :-)
Bo proveito viaxeiro!