Paul W.S. Anderson en Monster Hunter

0
241

Após de adaptar á pantalla grande Mortal Kombat e Resident Evil, ao director Paul W.S. Anderson están-lle a buscar outro choio que implicará levar outra franquía de videoxogos ao cinema. De feito, Anderson e mais a Capcom están a considerar a posibilidade de facer un filme sobre Monster Hunter, un RPG que apareceu en 2004 ambientado nun contorno fantástico e no que un cazador debe perseguir monstros.