Reestreas do Arca e Halloween

941

Após da xira triunfal de tan só unha semana de duración por 267 salas de cinema IMAX, a Paramount Pictures confirmou o pasado venres que Raiders of the Lost Ark (A clásica película coñecida en España co título de En busca do Arca Perdida) continuará exhibíndo-se unha semana mais. De feito, a reestrea da clásica aventura de Indiana Jones de 1981 estará en mais de 300 salas, incluíndo xa algunhas que non son IMAX.

Na súa primeira semana o filme recadou 2,4 millóns de dólares, o que non está nada mal para unha fita de hai 30 anos. A recompilación en Blu-ray das catro entregas que conforman a saga completa de Indiana Jones aparecerá hoxe martes nas tendas.

Por outra banda, e falando de clásicos que regresan, o filme de terror Halloween, rodado en 1978 por John Carpenter, chegará ás carteleiras xusto a tempo para o día 25 de outubro, só uns días antes da festa de Samaín e co gallo do 35 aniversário do seu lanzamento orixinal.