Os rapaces corvo na New Line

852

A New Line Cinema e mais a Weed Road fixéron-se cos dereitos para levar ao cinema a novela para adolescentes de Maggie Stiefvater The Raven Boys.

A história vai sobre unha rapaza de dezaséis anos dunha família de videntes á quen lle profetizaron que causaría a morte do amor da súa vida.

Isto constituirá un problema cada vez maior cando comece a se sentir atraída polos rapaces, especialmente os membros dun círculo de adolescentes dun coléxio para ricos coñecidos coma os Raven Boys (os rapaces corvo). Un deses grupos está a procurar o lugar de enterramento dun nobre galés que seica poder conceder calquera favor a quen o atope.

Polo de agora non hai ningún guionista vencellado ao proxecto, pero Akiva Goldsman, Joby Harold e Tory Tunnell serán os produtores.