O novo Godzilla en 3D, para 2014

0
167

A Warner Bros. e mais a Legendary Pictures veñen de chegar por fi na un acordo sobre a data de estrea do relanzamento do seu filme de monstros Godzilla: o 16 de maio de 2014.

Ainda que leva en desenvolvemento vários anos, o proxecto foi retomado recentemente e lle deron un novo pulo grazas especialmente a un tráiler non oficial que foi proxectado dúas veces na Comic-Con entre grandes aplausos.

Gareth Edwards (Monsters) é o director deste filme que tentará “facer regresar ao persoaxe ás súas raíces épicas cun filme de acción realista e descarnado“. Polo de agora, iso é o que ofreceu o devandito tráiler segundo os que puideron ve-lo.

O filme contará cunha versión en 3D, pero non se sabe polo de agora se se rodará directametne nesta tecnoloxía ou se será convertido a ela a posteriori.