O futuro dos X-Men

0
220

DeadpoolA 20th Century Fox está a sopesar a posibilidade de facer máis secuelas de X-Men, incluindo un novo proxecto dos Homes X coma é Deadpool (Masacre), baseado nun persoaxe de Rob Liefeld aparecido na série da Marvel Comics Os Novos Mutantes en 1997 e que será interpretado por Ryan Reynolds na vindeira X-Men Origins: Wolverine.

Os estudos mesmo están considerando revivir a franquía de Daredevil.

Estes informes son parte dun estudo realizado para coñecer os intereses da audiéncia coa vista posta na recadación nos despachos de billetes dos seus filmes no decurso do verán de 2009.

As vindeiras estreas de filmes de superheroes dos estudos serán X-Men Origins: Wolverine o 1 de maio de 2009, Night at the Museum 2: Escape From the Smithsonian o 25 de maio de 2009 e Ice Age: Dawn of the Dinosaurs o 4 de xullo de 2009.