Manimal, outro clásico dos 80 que regresa

0
186

A Sony Pictures Animation fíxo-se cos dereitos para levar ao cinema a série de televisión dos anos 80 Manimal, un programa de estilo campy que apareceu na canle NBC, e planea converte-la nunha longametraxe que misturará acción real con imaxes xeradas por computador.

Simon MacCorkindale (Death on the Nile) era o protagonista do orixinal no papel do Dr. Jonathan Chase, un médico millonário cun misterioso pasado e que pode converter-se en calquera animal que queira para así axudar á policía a loitar contra o crime.

Melody Anderson (Flash Gordon) e Michael D. Roberts (Baretta) eran os outros coprotagonistas desta série, da que só se chegaron a emitir oito capítulos antes de que se cancelara por contar cunhas críticas moi negativas. Nombergantes, co paso do tempo converteu-se un clásico de culto para moitos fans.

O mítico Glen A. Larson (responsábel de Magnum P.I., Knight Rider e Battlestar Galactica) creou a série orixinal e agora será o produtor deste filme, para o cal xa se están a buscar guionistas. Esta será a segunda série de televisión que a Sony merca para levar á pantalla grande, após de que hai uns meses se confirmara o mesmo proceso con ALF.