Rupert Wyatt, fóra da secuela dos símios

0
236

Todo semella indicar que o director de Rise of the Planet of the Apes, Rupert Wyatt, non vai regresar para a vindeira secuela deste filme que producirá a 20th Century Fox.

O motivo da marcha de Wyatt é polo que se conta o mesmo que esgrimiu Gary Ross para abandoar hai uns meses o proxecto da secuela de The Hunger Games, é dicir, que o director non estaba de acordo cos prazos tan curtos que se estaban a manexar, e é que de feito os estudos xa anunciaron unha estrea para o 23 de maio de 2014.

Rick Jaffa e Amanda Silver xa entregaran hai tempo un guión por orde dos estudos, así que as cousas semellan estar listas para se poñer en marcha. Agárda-se que os produtores comecen a buscar un sustituto para Wyatt de contado, xa que nestes intres a franquía dos símios é o proxecto mais importante que manexa a Fox.

Coa secuela de Rise of the Planet of the Apes xa lonxe do seu horizonte, Wyatt poderá agora acometer outros proxectos aos que o seu nome apareceu vencellado, coma Agent 13 (protagonizada por Charlize Theron) e Londongrad, unha película de espías.