Seymour Hoffman dirixirá Ezekiel Moss

0
186

O actor e director Philip Seymour Hoffman será o responsábel do vindeiro filme sobrenatural Ezekiel Moss para a Mandalay Pictures e mais a Likely Story.

O guión orixinal de Keith Bunin céntra-se nun misterioso estraño que ten o poder de falar cos mortos. A súa chegada a unha pequena vila de Nebraska transformará as vidas dos seus habitantes, incluíndo unha viúva e mais o seu fillo pequeno.

Anthony Bregman e Cathy Schulman serán os produtores. Este será o segundo filme que dirixa Hoffman após de que debutara en 2010 con Jack Goes Boating.