A canle de televisión The CW ven de dar a orde de escribir o guión para unha nova série con elementos sobrenaturais e que adaptará á pequena pantalla Embrace, unha saga composta polo de agora por catro novelas para adolescentes e orixinal da australiana Jessica Shirvington.
A história vai sobre Eden, unha rapaza que descubre que é médio humana e médio anxo e que é a clave dunha guerra que leva librándo-se en segredo ao longo dos últimos séculos entre os anxos caídos e os anxos bós que protexen aos seres humanos.
Bill Laurin e Glenn Davis serán os encargados de escribir o guión e ademais traballarán coma produtores executivos. A mesma canle está a producir a série Copeland Prep e ten en antena actualmente outros dous programas con temas sobrenaturais: Supernatural e The Vampire Diaries.