Novo intento por Midnight, Mass.

0
223

Após de se facer cos seus dereitos hai un par de anos, a NBC ven por fin de pasar á fase de desenvolvemento de Midnight, Mass., unha série de televisión baseada nos persoaxes do cómic da editorial Vertigo publicados pola DC Entertainment. O coguionista de Snow White and the Huntsman Evan Daugherty será o encargado de escribir a adaptación, producida pola Warner Bros. TV e mais a Gerber Pictures.

O creador dos cómics de Midnight, Mass., John Rozum, será o conselleiro executivo neste proxecto para a tele, que trata sobre unha sofisticada e sexi parella de investigadores do paranormal con sede na imaxinária vila de Midnight, Massachusetts e que está adicada a casos misteriosos e macabros, todo co telón de fondo do seu estupendo matrimónio e do ben que lles vai xuntiños.

Esta é a segunda vez que a NBC e a Warner Bros. TV tentan sacar adiante esta mesma série. En 2009 xa o tentaran cunha equipa diferente, pero non se chegou a facer o episódio piloto.