O Prototipo, cando o home fai-se máquina

651

A produtora FilmNation Entertainment vai financiar a versión en longametraxe de The Prototype, unha curta de Andrew Will cun orzamento por baixo dos 40 millóns de dólares.

A história, que non debe confundir-se coa série de videoxogos do mesmo título, é un thriller de acción que vai sobre un soldado dron experimental que é perseguido polo Grupo de Resposta a Incidentes Críticos do FBI após de que escape dunha base militar supersecreta e se dea á fuga.

Will (Archangel) será o guionista e director do filme, que producirán a Bandito Brothers xunto ao mesmo Will, Max Leitman, Shawn Wallace e mais Sean Cushing. O tráiler, baseado na curta, xa se pode ver aquí: