Os Looney Tunes regresan ao cinema

0
218

Jenny Slate, unha antiga colaboradora do programa Saturday Night Live, será a encargada de escribir o guión dunha nova longametraxe da Warner Bros. Pictures que combinará a acción real coas imaxes xeradas por computador con persoaxes procedentes dos debuxos animados da factoría dos Looney Tunes.

A Warners tivo un grande éxito aló polo 1996 con Space Jam, un filme que misturou á lenda do baloncestro Michael Jordan cos debuxos animados mais clásicos do selo da Looney Tunes coma Bugs Bunny, Daffy Duck, Porky Pig ou Wile E. Coyote (ou coma son coñecidos en España: Coello Bugs, Pato Lucas, Porco Porky e Coiote).

Sete anos despois chegou Looney Tunes: Back in Action, que ainda que contou con boas críticas nos médios especializados, foi un fracaso nos despachos de billetes. Polo de agora, non se coñecen os detalles de cal será o argumento deste novo proxecto.

David Katzenberg, Seth Grahame-Smith, David Heyman e mais Jeffrey Clifford serán os produtores.