Mr. Ed, o regreso do cabalo que fala

0
241

A Waterman Entertainment está a desenvolver unha longametraxe baseada na clásica série cómica de televisión dos anos 60 Mr. Ed.

A compañía, que está a procurar dun xeito agresivo marcas cun potencial de se converteren en franquías dirixidas a un público familiar, é a última que chega para tentar adaptar a famosa propiedade ás pantallas grandes.

O filme, con acción real, presentará a un cabalo cunha boca modificada con gráficos xerados por computador que lle permita amosar a súa capacidade de falar. Será o seguinte proxecto da Waterman que combine acción real e CGI dirixidos para toda a família.

Hai case un ano a Fox 2000 fixéra-se cos dereitos para intentar facer unha versión de seu, cousa que obviamente nunca chegou acontecer.