Novas incorporacións ao Conto de Inverno

0
208

Matt Bomer, Lucy Griffiths e mais Eva Marie Saint son as novas incorporacións ao reparto de A Winter’s Tale, o vindeiro filme do produtor e guionista Akiva Goldsman co que fará o seu debut na cadeira de director na pantalla grande (xa fixera algúns capítulos de Fringe e de Kings na televisión).

Baseada na novela de Mark Helprin, a história vai sobre unha muller que está a morrer (Jessica Brown Findlay) e que se namora dun ladrón (Colin Farrell) que entra na súa casa no West Side de Manhattan.

A acción ten lugar ao mesmo tempo no século XIX e mais na Manhattan contemporánea. Farrell fai o papel do ladrón e Bomer será o seu pai mentres que Griffiths será a nai.

Pola súa banda, o papel que interpretará Saint non se deu a coñecer polo de agora pero seica será moi importante. William Hurt, Will Smith e Russell Crowe son os outros protagonistas deste filme, que compezará a se rodar en Manhattan a finais do mes que ven. Hans Zimmer será o encargado de compoñer a banda sonora.