Del Toro desenvolve o seu Strain

0
178

O director de Pan’s Labyrinth, Guillermo del Toro, e mais o produtor de Lost Carlton Cuse unirán as súas forzas nunha série de televisión que adaptará a triloxía de novelas The Strain, que o mesmo del Toro co-escribiu xunto a Chuck Hogan.

A canle FX está por pechar un acordo polo que se fará un episódio piloto baseado nos libros sobre un virus vampiro de infecta New York e un médico do Centro de Control de Enfermidades que investiga o caso.

Del Toro e Hogan co-escribirán o guión deste episódio, mentres que Cuse será o produtor executivo e responsábel do programa.