Len Wiseman no relanzamento da Múmia

0
262

Len Wiseman (Underworld, Total Recall) está en conversas para se encargar de dirixir o relanzamento da franquía d’A Múmia para a Universal Pictures.

Stephen Sommers dirixiu a primeira entrega desta saga en 1999 con grandes loubanzas da crítica e do público, protagonizada por Brendan Fraser e Rachel Weisz. A dúas secuelas, de 2002 e 2008 respectivamente, xa non tiveron tanto éxito.

Esta sería a segunda ocasión na que a franquía é recomenzada, xa que a anterior série (1999-2008) era á súa vez unha nova versión dun clásico que iniciou a Universal nos anos 30 e 40. Nesta ocasión agárda-se que o guión tome un rumbo totalmente distinto, xa que o libreto de Jon Spaihts seica leva a acción dende os anos 20 até os nosos tempos.

Alex Kurtzman, Roberto Orci, Sean Daniels e Jim Jacks serán os produtores.