Estrea de Espírito do bosque

0
205

O Espírito do BosqueA terceira longametraxe do estudo de animación Dygra Filmes, Espírito do Bosque, estréa-se hoxe venres, 12 de setembro en máis de 200 salas de toda España, distribuída por Manga Films. O elenco de actores na versión española está encabezado por Luis Merlo, María Adánez, Juan Ibáñez e Damián Molla.

Hoxe chegan ás carteleiras as aventuras de Furi, Linda, Piorno e Cebolo. Das 13 cópias que se verán en Galiza, cinco contarán con versión en galego. Son os Filmax da Coruña e Lalín, o Gran Vía de Vigo e os Multicines Centro de Lugo.

A estrea da película prodúce-se poucos días despois de que o Festival Internacional de Cinema Infantil de Chicago anunciase que foi seleccionada para competir na súa sección oficial. O certame, que terá lugar entre os días 23 de outubro e 2 de novembro de 2008, celebra nesta edición o seu 25 Aniversário.