Está Hathaway no Apocalipse de Spielberg?

0
222

Anne Hathaway (Catwoman na recente The Dark Knight Rises) é nestes intres a principal aposta de Steven Spielberg para protagonizar a súa vindeira película, o filme épico de ciéncia-ficción Robopocalypse que producen os estudos DreamWorks e mais a Touchstone Pictures.

Baseado na novela orixinal de Daniel H. Wilson, o conto é unha adverténcia que explora un posíbel destino da raza humana após de que os robots se rebelen contra os seus amos. Wilson, que é doutor en Robótica, infundiu a súa novela dun alto grao de realismo e autenticidade derivadas do seu coñecemento da tecnoloxía dos robots.

Drew Goddard adaptou o guión para a pantalla grande, na que Chris Hemsworth será o protagonista masculino. Tom Rothman será o produtor.

A rodaxe debe escomezar a primeiros do ano que ven e a data de estrea está fixada para o 25 de abril de 2014.