Ed Zwick abandoa a Grande Muralla

0
199

O director Ed Zwick (The Last Samurai) ven de abandoar o proxecto da Legendary East The Great Wall.

A história está ambientada na China do século XV, cando un grupo de soldados británicos chega xusto no intre no que están a construír ás presas a Grande Muralla. Cando chega a noite, os soldados decátan-se de que as presas na construción non son só para manter afastados aos mongois, senón a outra cousa inhumana e moito mais perigosa.

Henry Cavill (Man of Steel), Benjamin Walker (Abraham Lincoln: Vampire Hunter), Zhang Ziyi (Crouching Tiger, Hidden Dragon) e outros actores chineses ían ser os protagonistas desta película, cuxa rodaxe tivo que se aprazar o pasado mes de xuño por mor de problemas financeiros e tamén porque o clima estaba a causar desastres na equipa.

Mália a marcha de Zwick, a produtora espera poder comezar coa rodaxe o ano que ven.