Barry Sonnenfeld dirixirá Lore

0
199

O responsábel de Men in Black, Barry Sonnenfeld, está en conversas para se encargar da adaptación á pantalla grande do cómic Lore pola Warner Bros. Pictures.

O actor Dwayne Johnson será o protagonista deste filme, que vai sobre unha orde secreta que defende ao mundo contra creaturas mitolóxicas que existen na realidade. Dada a presenza de Johnson no filme, este será con moita probabilidade de carácter familiar.

Andrew Lazar, David Alpert e Rick Jacobs serán os produtores do proxecto, baseado na novela gráfica do ilustrador australiano Ashley Wood. Cory Goodman e Jeremy Lott adaptaron o guión para o cinema.