Murray e Lansbury no Hotel de Wes Anderson

1206

Hai uns meses o realizador Wes Anderson revelara nunha entrevista unha listaxe de películas que lle gostaría dirixir, e entre elas estaba coma o seu seguinte proxecto The Grand Budapest Hotel, que ten un guión do mesmo Anderson. Pois ben, seica o seu soño poderá converter-se en realidade axiña.

Tanto Bill Murray coma Angela Lansbury están xa confirmados para o reparto da película, que tamén conta coa participación de Johnny Deep e Jude Law. Polo de agor,a e respecto ao argumento, tan só se sabe oficialmente que é un filme “de ambiente europeo“, pero algúns médios informan de que un dos persoaxes é un médium e que a acción está ambientada en Europa, coma se deduce do mesmo título.

Lansbury pola súa banda engadiu que o seu papel é esencialmente un cameo e que ela é unha “muller de mistério“. A rodaxe escomezará no mes de xaneiro en Alemaña e Scott Rudin será o produtor.