Van Rompaey dirixe O Creador de Anxos

0
206

O realizador belga Christophe Van Rompaey (Lena, Aanrijding in Moscou) dirixirá para a Prime Time e mais N279 Entertainment a adaptación ao cinema da novela de 2005 De engelenmaker, orixinal do escritor flamenco Stefan Brijs e gañadora de numerosos prémios internacionais, tanto a obra orixinal coma as súas moitas traducións.

Ambientada na vila belga de Wolfheim, xusto na fronteira común con Holanda e Alemaña, a história vai sobre un misterioso médico que regresa á súa casa após de vinte anos fóra, e que trae consigo a tres bebés que levan os nomes dos arcanxos Miguel, Gabriel e Rafael. O conto mistura os temas da ciéncia e mais a relixión, o ben e o mal, así coma a inmortalidade.

Els Vandevorst (Winter in Wartime, Dogville) será o produtor.