Españóis candidatos a dirixir aos símios

716

Agora que Rupert Wyatt está oficialmente fóra da cadeira do director da vindeira Dawn Of The Planet Of The Apes, a 20th Century Fox ven de facer unha listaxe de posíbeis sustitutos, entre os que se atopan un par de españois.

Así, ainda que no primeiro posto está Matt Reeves (Cloverfield), o seu nome ven seguido dos de J. Blakeson (The Disappearance Of Alice Creed), Juan Carlos Fresnadillo (28 Weeks Later), Jeff Nichols (Take Shelter), Guillermo del Toro (Pacific Rim) e Juan Antonio Bayona (The Impossible).

Wyatt, que foi o director do éxito do pasado ano Rise of the Planet of the Apes, decidiu non regresar para a secuela porque se sentia pouco cómodo coa ideia de ter que apurar para unha estrea que está prevista para finais de maio de 2014.

Rick Jaffa e Amanda Silver xa entregaron o guión do filme, así que agárda-se que o anúncio do director se produza en breve.