A Warner ten bó Karma

0
198

Shawn ChristensenA Warner Brothers ven de lle dar luz verde ao thriller de ciéncia-ficción de Shawn Christensen Karma Coalition baixo a produción de Dan Lin.

Christensen, que é o cantante do grupo de rock indie stellastarr*, escribiu o guión mentres traballaba no terceiro álbum do seu grupo neoiorquino.

Karma Coalition vai sobre un fuxitivo acusado falsamente que se embarca nunha procura para descubrir que após da morte da súa muller hai unha confabulación para destruir o mundo.

Lin é tamén o produtor de vários proxectos relacionados co cómics coma o da Liga da Xustiza (actualmente estancado) ou a adaptación de Hiding in Time. Lin é ademáis o produtor executivo do filme Terminator Salvation.