Finou Herbert Lom

926

O actor de orixe checa Herbert Lom finou onte en Londres á idade de 95 anos.

Ao longo de mais de cincuenta anos, Lom apareceu en mais de cen filmes e séries de televisión interpretando a homes amábeis e persoaxes sempre interesantes. Ainda que os afeccionados ao cinema o relembrarán por ser quen interpretou ao inspector xefe Dreyfus, o xefe do inspector Clouseau nos filmes da Pantera Rosa, os seus papéis foron moitos e moi variados.

Entre os papéis mais relacionados co cinema fantástico estiveron os de neurólogo en The Dead Zone, o de coronel alemán en King Solomon’s Mines ou un cazador de bruxas en Mark of the Devil. Tamén interpretou ao Capitán Memo en Mysterious Island e a Van Helsing en Count Dracula.

Lom escribiu duas novelas históricas, casou e divorciou-se tres veces e deixa dous fillos e unha filla.